Mañón serra, rio e mar
FOTOS MENU

Situación

Parroquias Do Concello
Barqueiro

A parroquia do Barqueiro está situada no istmo da península de Bares, onde desemboca o río Sor, na primeira ría da provincia da Coruña, a de Bares e O Barqueiro. A aldea constitúena os lugares de Barbeita, Barral de Mogor, Campo, Casal, Devesa, Esteiro, Fraixo, Igrexa, Insuas, Pumar del Vale, Sabaído, Saiñal, Salto, o extenso barrio de San Fiz, Salgueiros e Vilar. E o porto do Barqueiro cos barrios de Cruz, Lamelas e Covas. No Mesón, sitúase a casa do Concello, O Centro de Saúde, a Farmacia,...


Bares

Dentro do concello de Mañón localízase un deses lugares, non só de Galicia, senón do Mundo, onde aínda perviven as pedras dunha obra de enxeñería tan grande coma antiga. O porto de Bares posúe unha excepcional importancia arqueolóxica, pois, esparéxese un dique fenicio que data do século VII a.C. A producción mineral das Pontes tiña a súa saída ó mar pola conca do Sor e polo camiño alto da Faladoira. Por ámbalas dúas rotas dirixíanse os mercaderes ó Barqueiro e a Bares, e alí entraban en contacto cos comerciantes procedentes do Mediterráneo.


Ribeiras

Na parroquia de San Cristovo de Ribeiras do Sor sitúase o pazo e maila propiedade de Torre de Lama. Dentro dela está a maior plantación de camelias de Europa e a segunda do mundo.Son unhas trinta hectáreas, das cen coas que conta a finca; esta extensión ocúpana duascentas variedades de camelias que, con moito agarimo, se cultivan nela, co que se chega ás catrocentas de colección procedentes de outros lugares.


Mañon

Se seguimo-lo curso do Sor en sentido inverso e remontámo-las súas fecundas augas, chegamos á parroquia que lle da nome ó concello, chegamos a Mañón. Nesta zona levántase, no seu maxestoso cumio, a serra da Faladoira, lugar de nacemento de numerosas e variadas lendas populares. A Faladoira constitúe o anel máis ó norte do cordal galego que percorre toda a comunidade autónoma de norte a sur. Recibe o seu nome, segundo se dí, do eco que producen unhas pena situadas preto dos seus puntos máis altos.


Grañas

A parroquia de Grañas do Sor está situada no extremo sur do concello de Mañón e tamén, igual có resto dos outros municipios, á marxe esquerda do río Sor. Precisamente nas terras das Grañas xúntanse os dous afluentes deste cordón fluvial. Ó mesmo tempo conta coa área recreativa de Cascón para o gozo do espacio natural. Dentro da historia real á marxe das lendas e tradicións das que dabamos conta ó falar da prarroquia de Mañón, na parte das Grañas da serra da Faladoira hai un personaxe moi peculiar. Nesta zona naceu o mítico bandoleiro Mamede Casanova, "O Toribio".